33
Un incendio destruíu na madrugada deste martes unha nave industrial no Polígono de Piadela en Betanzos, o lume comezou preto da medianoite nun lateral da nave, en cuestión de minutos estaba envolta en lapas.
Trátase dunha instalación da empresa Fercar Europa, adicada á fabricación de maquinaria e ferramentas para a automoción.
De momento descoñecense cales poideron ser as causas da orixe do lume. Participaron nos traballos de extinción Protección Civil da localidade, así como os Bombeiros dos parques de Betanzos, Arteixo e Ordes, que utilizaron preto de 50 mil litros de auga para tratar de controlar as lapas.