Un incendio forestal en Berdoias obriga a cortar a AC-552

1 minutes read
  • O incendio segue activo e a estrada permanece cortada

ACTUALIZACIÓN*. Na extinción tamén traballan polo menos 2 hidroavións

Un gran incendio forestal na zona de Berdoias, no concello de Vimianzo, pon en alerta á poboación máis cercana e tamén aos condutores que viaxan pola estrada AC-552, dirección Cee, pois esta acaba de ser pechada.

Agora mesmo están traballando no incendio un avión Canadair do Goberno, 9 bombeiros forestais e un dos helicópteros da Brigada de Reforzo de Incendios Forestais (BRIF) de Laza, xa que o outro ten problemas mecánicos, segundo informan na páxina de Twitter.