Un Laber Xiria superior acada a vitoria diante do Teucro

dpm.

S.D. Teucro 21 – Laber Xiria 40 (12-20)

Voltou a senda da vitoria o Laber Xiria logo do tropezo da semana pasada co empate diante do Lavadores. A recuperación de varios xogadores para este encontro e sobre todo a seriedade co que os compoñentes do equipo se tomaron o encontro, fixeron que o Teucro non tivera ningunha posibilidade diante duns carballeses que se amosaron superiores en todas as facetas.

Apostou polo 5:1 defensivo de inicio o Xiria para dificultar o ataque rival e poder imprimir maior ritmo ao partido, tan so o desacerto dos primeiros lanzamento fixeron que os carballeses tardasen uns minutos en despegarse no marcador. No ataque posicional o Teucro tampouco podía parar o lanzamento e íase ao descanso cun parcial de 12 a 20.

Segunda metade onde o Laber asentou máis a defensa impedindo as penetracións e o xogo co pivote, o que o levou a estar varios minutos sen encaixar gol, esta defensa propiciaba contras que os carballeses materalizaban ata chegar a estirar ese marcador a un 21 a 40 final.