Un lamentable Obradoiro cae en Andorra

3 minutes read

Lamentable, con este cualificativo describía Moncho Fernández o partido realizado polo equipo galego en Andorra o pasado domingo. Non se escondía o de Pontepedriña recoñecendo con rotundidade o moi mal partido dos seus.

Apuntando tamén a desastrosa táctica, así como a interminable sucesión de erros individuais que desembocaron no 93-69 final. E é que Andorra, xogou e convenceu. Dominou todas as facetas do encontro co único lunar nos tiros libres, onde anotou 18/32. No demais, 30/42 en tiros de 2, un demoledor 72%, 40 rebotes por 19 composteláns e un equilibrado 5/11 en triplos, case un 46%, resultaron letais. Baste citar un detalle para clarificar o desastre do domingo: Obradoiro, que anotou un triplo máis, necesitou tentalo 16 veces máis cun paupérrimo porcentaxe de 22,22% nunha serie de 6/27. Comezaba o encontro cun parcial de 15-6, rozando o ecuador do primeiro cuarto. Acerto e accións espectaculares como un mate de Bandja Sy.

Finalizou o primeiro acto 25-16 para os de Ibón Navarro. O segundo cuarto foi o mellor do equipo compostelán, aínda así as canastras sucedíanse a ambos os dous lados da cancha, e a diferenza non se reducía, salvo ao final. Parcial de 0-7 cun triplo de Czerapowicz in extremis, que indicaba o camiño a vestiarios cun esperanzador 47-43. Obradoiro gañaba este cuarto por 5 puntos. Pero todo quedou en nada. Tras a continuación e a pesar dun enganoso 47-45 inicial, Andorra axustaba o seu defensa e entre Hannah, Musli e o mvp do domingo, a ex Obra, Nacho Llovet (6 puntos, 3 asistencias e 9 rebotes, para asinar 23 unidades de valoración) esnaquizaban aos visitantes , dobrándoos en anotación, cun punto máis de propina no terceiro cuarto, 25-12 para deixar o electrónico en 72-55, case visto para sentenza.

No último cuarto os do Principado dedicáronse a manexar o resultado e a divertirse xogando. Boas accións: mate de Tyson Pérez e alley- hoop de Walker que encandearon á parroquia local. Só restaba coñecer o resultado final e este, foi aínda máis duro, pois contou coas últimas xogadas de acerto local. Triplo de Sy e 2+1 de Massenat. Final do partido e derrota santiaguesa por 24 puntos de diferenza. Só kravic e Brodziansky raiaron a un nivel aceptable. O demais, sinxelamente non funcionou e parafraseando o reiterado cualificativo do coach galego, foi lamentable. A nota positiva foi o debut do basee do filial, Javier Cal, quen puido debutar en ACB. Substituíu a un lesionado Earl Calloway, que xunto con Álvaro Muñoz, foron as baixas visitantes.

A costa de xaneiro está a ser especialmente dura para o Obradoiro, co único aspecto positivo de manter o colchón de 3 vitorias sobre o descenso (conta con 7 vitorias), posto que Murcia (5), Betis (5) Estudantes (4) e Fuenlabrada (4), tamén perderon. Aínda que, este último, a punto estivo de dar a sorpresa ante o Barca. Próximo rival, domingo 26 de xaneiro, Valencia no Fontes do Sar. Un óso duro de roer con nivel de Euroliga, pero en Santiago, todo pode suceder.

ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?