Un lume forestal castiga o monte Nariga en Malpica

0 minutes read

O lume orixinouse nunha leira de monte raso a media tarde deste venres e propagouse con facilidade debido ás altas temperaturas alcanzadas durante o día e a un leve refacho de vento que tamén dificultou a súa extinción. Ao lugar, nas inmediacións da subestación eléctrica, acudiron cuadrillas de extinción de Medio Rural e persoal do GES de Ponteceso, que contribuíron á extinción do lume.