11
O lume activouse preto de as dúas da tarde deste sábado e estendeuse entre Xaviña e Lazo, alcanzando finalmente unha superficie afectada dunhas cinco hectáreas, polo que foron avisados os medios para proceder a súa extinción, tanto do distrito forestal de Vimianzo como a agrupación de Protección Civil de Camariñas. As chamas estiveron próximas a un parque eólico e a catro casas, aínda que case dúas horas máis tarde, os efectivos despregados de Medio Rural e Protección Civil local xa tiñan a situación controlada.