Un lume nunha vivenda en Carballo, un ferido en Ponteceso e rescatado un animal en Cee

1 minutes read

O primeiro sinistro tivo lugar pasado o mediodía nunha vivenda situada na rúa Luis Calvo en Carballo tras entear o lume no teito dunha cociña, causando tan só pequenos danos materiais. Acudiron en auxilio tras a alerta, Protección Civil, Policía Local e Bombeiros de Carballo.

Accidente en Ponteceso de Cabana

Pasadas as 10 da noite deste venres unha saída de vía preto do lugar da Outrabanda entre Ponteceso e Cabana saldábase con un ferido de consideración, único ocupante do coche siniestrado, que foi trasladado en ambulancia ao Hospital.

Rescatado un can en Cee

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do concello de Cee rescatou este venres a un can que quedara atrapado entre dous muros, polo que tiveron que realizar un oco na parede cun martelo. 112 Galicia foi quen dou a alerta, a petición da Policía Local, de que era necesaria a súa intervención para poder quitar ao can de alí, que quedara atrapado entre dous muros dunha medianeira.