En marcha novos cursos para facilitar a entrada no mercado laboral de persoas en risco de exclusión


Este cursos están dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión social que son atendidas polos Equipos Comarcais de Inclusión Sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Este mes de xaneiro programáronse sete accións formativas en diferentes municipios galegos e no centro penitenciario de A Lama.

Así, nos concellos de Vilagarcía, Ribadeo, Boiro e Barbadás impartíronse cursos de manipulación de alimentos, de catro horas de duración cada un deles e xa rematados. Así mesmo, na localidade ourensá de Barbadás tivo lugar outro curso para formar operadoras/es de carretilla elevadora, de 20 horas de duración, e tamén xa finalizado.

Nestes momentos se desenvolve no concello de Ordes un curso de caixeira/o-repoñedora/or, de 45 horas de duración, e que rematará mañá luns. Ademais, no centro penitenciario da Lama ten lugar un curso de educación vial que rematará o vindeiro martes, día 26, e no que as persoas participantes reciben 25 horas de formación.

Todos os cursos realízanse para un máximo de dez asistentes e garantindo en todo momento as medidas de prevención e recomendacións fronte á covid-19.