Un morto e un ferido ao estrelarse unha avioneta preto de Málaga

Bomberos de Málaga_Cedida.

Emerxencias 112 Andalucía informou que un home de 26 anos morreu este domingo e outro da mesma idade resultou ferido ao estrelarse a avioneta que ambos ocupaban no aeródromo da Axarquía, en Vélez-Málaga. O suceso ocorreu ao redor das 12:20 horas e estanse investigando as causas que provocaron que o aparello se precipitase ao chan despois de despegar. O piloto, de nacionalidade española, faleceu no acto, mentres que o seu acompañante, de nacionalidade alemá, foi trasladado pola Empresa Pública de Emerxencias Sanitarias (EPES) ao Hospital Comarcal da Axarquía, en Vélez-Málaga. Os Bombeiros do Consorcio Provincial desprazados ao aeródromo participaron nas tarefas de rescate das vítimas.