Un morto e un ferido grave nun accidente en Santiago

1 minutes read
  • O incidente produciuse durante madrugada entre dous turismos no lugar da Susana

Unha persoa perdeu a vida durante a madrugada deste venres despois dunha grave colisión frontal entre dous turismos na Susana, en Santiago de Compostela.

O incidente produciuse preto das 01:30 horas, cando un particular alertou ao 112 Galicia do suceso explicando que os ocupantes dos dous turismos se atopaban atrapados no interior. Os Bombeiros de Santiago lograron liberar as vítimas para que recibiran asistencia médica pero, malia os esforzos, un dos conductores faleceu mentres que o outro tivo que ser evacuado ao hospital de referencia con lesións moi graves.

No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.