Un morto e un ferido grave tras o desplome dun teito dunha vivenda en Lobeira – Ourense


Un albanel de 30 anos faleceu na tarde deste martes mentres traballaba no tellado dunha casa, no concello ourensán de Lobeira. Outro obreiro de 44 anos resultou ferido moi grave. Os dous son veciños de Entrimo.

O accidente laboral ocorreu contra as catro e media da tarde, na parroquia de Santa Cruz de Grou no barrio das Cunchas. Os propietarios da vivenda viron como o teito onde traballaban caía embaixo e alertaron os servizos de emerxencias, que evacuaron en helicóptero o albanel ferido.

No operativo activado polo persoal do 112 Galicia participaron os profesionais sanitarios, axentes da Garda Civil, efectivos do GES de Lobios e voluntarios de Protección Civil. O equipo médico nada puido facer por salvar a vida dun dos operarios que faleceu no acto.