Un morto e un ferido nun accidente de tráfico no Porriño

0 minutes read

Unha persoa faleceu ao colisionar dous coches no quilómetro 21 da A-55 á altura do Porriño. Outra persoa implicada no sinistro resultou ferida leve. O suceso ocorreu na A-55 pasadas as nove da noite deste martes. A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia nada se puido facer por salvarlle a vida á vítima mortal.