Un morto e un ferido nun choque entre dous vehículos en Taboada

1 minutes read

Unha persoa faleceu este mércores e outra resultou ferida nunha colisión frontal entre dous vehículos no quilómetro 41 da N-540, no municipio lucense de Taboada.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse en Moreda pasadas as 20.00 horas e os alertadores advertían de que unha das persoas implicadas non respondía a estímulos.

Deste xeito, solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Gardia Civil de Tráfico, GES de Monterroso e voluntarios de Protección Civil de Taboada, así como dos operarios de conservación da estrada. Os servizos de urxencia xa nada puideron facer pola vida da persoa falecida.