Un morto e varios feridos por un posible axuste de contas na Guarda


A Garda Civil investiga a morte dun home que recibiu unha malleira a pasada fin de semana na Guarda. O agredido acabou falecendo días despois como consecuencia das lesións. Os feitos ocorreron na noite do pasado domingo nun domicilio desta localidade, onde se produciu unha liorta. No transcurso da pelexa, catro persoas resultaron feridas. Dúas delas tiveron que ser evacuadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A Garda Civil ten abertas varias hipóteses. Entre elas, que a pelexa se producise por un ‘axuste de contas’ relacionado co tráfico de drogas.