Un motorista adianta en liña continua e perde a vida nun accidente contra un turismo en Padrón

1 minutes read

O sinistro produciuse na estrada AC-242, no quilómetro 5, na localidade de Carcacia, en Padrón. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 18:20 horas deste domingo, tras a chamada dun particular que alertaba dun accidente entre unha moto e un turismo. Segundo a información recibida, o motorista atopábase no chan, inconsciente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

A pesar da rápida intervención dos equipos de emerxencia, o motorista faleceu como consecuencia do accidente.

Segundo informa a Garda Civil o piloto da moto, de 65 anos de idade, tería feito unha manobra antirregulamentaria adiantando en liña continua e colisionando contra un turismo que circulaba en sentido contrario, falecendo no acto.