Quen alertou ao 112 Galicia advertiu da importancia das feridas, pois sangraba abundantemente. Así o explicou cando contactou co servizo na tarde deste sábado. Tamén situou o accidente na OU-531, en Refoxos, Cortegada. Alí acudiron os equipos de emerxencias que atenderon aos avisos do 112.
Deste xeito, interviñeron os membros do GES de Ribadavia, así como os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Por suposto, desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, neste caso a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, para trasladar o ferido ao centro hospitalario de referencia.
Dentro deste operativo, foron informados os Bombeiros do Carballiño, sen embargo, descartouse a súa actuación porque o afectado estaba liberado e accesible.