Un mozo de 25 anos recibe catro coiteladas na mañá do día de San Xoán na Coruña

1 minutes read

A noite do San Xoán fora tranquila pero, xa de mañá, un acoitelamento preto de Riazor causou preocupación na Coruña.

A agresión por arma branca aconteceu na céntrica rúa de Alfredo Vicenti, situada a escasos metros da praia de Riazor, pouco despois das oito da mañá.

Carlos García Touriñán, director de Seguridade Cidadá da Coruña: «Houbo unha pelexa entre dous mozos e, nun momento dado, un deles acoitelou o outro na coxa. O ferido non perdeu o coñecemento en ningún momento…». Foi trasladado de urxencia ao hospital.

Foi a incidencia máis destacada deste San Xoán coruñés. Polo xeral, a noite foi tranquila e pechouse cun total de 175 intervencións no hospital de campaña, con 15 traslados ao hospital.