Un morto e decenas de feridos no Medusa Festival tras a caída de varias estruturas


O festival que se levaba a cabo na localidade de Cullera en Valencia foi cancelado durante a madrugada deste sábado despois de que varias estruturas caesen por mor de fortes refachos de vento segundo detallaron asistentes ao evento.

Sobre as catro da madrugada, uns fortes refachos de vento provocaron a caída de varias estruturas, entre elas o cartel de grandes dimensións da entrada principal, e partes dos escenarios, algunhas das cales caeron sobre o público provocando a morte dun mozo de 22 anos.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, durante esta madrugada producíronse “rebentóns cálidos” con refachos moi fortes de vento e bruscos ascensos de temperatura.

Comunicado oficial