As enquisas apuntan a unha vitoria do PP con 137 escanos. É o mesmo resultado que en 2023 e insuficiente para gobernar en solitario. Con todo, pasaría a maioría absoluta en 27 deputados se alcanzase un pacto con Vox. O PSOE manteríase como segunda forza, aínda que perdería 17 escanos respecto ao seu resultado electoral de 2023. E Sumar, que aínda non detallou quen será o seu candidato, afúndese de 31 a dez escanos, segundo a media de sondaxes de DatosRTVE. Junts perdería tres dos sete escanos que obtivo en 2023, deputados que foron clave para aprobar ou tombar moitas das medidas que o Goberno levou ao hemiciclo.
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) podería chegar a ser a quinta forza con máis representación no Congreso, ao gañar un deputado respecto aos sete que obtivo hai tres anos. Séguenlle EH-Bildu (7 escanos) e PNV (6), que tamén subiría un representante cada un. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) pasaría dun a dous representantes e Coalición Canaria (CCA) e UPN revalidarían o seu único representante na Cámara Baixa.
