Un neno resulta ferido despois de lanzarse ao mar en Baiona

0 minutes read
  • Tirouse de cabeza e bateu contra o fondo

Un rapaz resultou ferido na tarde deste venres despois de lanzarse á agua de cabeza e bater contra o fondo na praia de Santa Marta, en Baiona. Foi un particular quen contactou co 112 Galicia sobre ás 18:00 horas.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que rapidamente se desprazaron ata o areal para prestar atención médica ao menor.