Un novo impulso, para vencer

1 minutes read
  • Ana Pontón pide á mocidade se implique co BNG, “a forza que pode ofrecerlles un futuro de esperanza”

Despois da indiferenza e da discriminación das forzas estatais, – de novo visible no debate de investidura-, “incapaces de defender os intereses dos e das galegas”,- Pontón presenta o BNG como unha organización “libre e soberana que non ten que pedir permiso a Madrid para construír un país xusto e con oportunidades”.

Miles de persoas saíron este xoves ás rúas compostelás a pesar da persistente choiva que caeu, convocadas polo BNG, que quixo escenificar que é «a única garantía de cambio» para Galicia. Baixo o lema «Galiza. Un novo impulso», a manifestación do BNG polo Día da Patria Galega volveu a saír da Alameda compostelá como cada 25 de xullo, nesta ocasión a un ano das autonómicas se non hai adianto electoral, para reivindicar que «a alternativa fronte a todo o que está a pasar é o nacionalismo».