Un operario ferido grave ao quedar atrapado nunha cinta en Cerceda

1 minutes read

Ao lugar acudiron os Bombeiros de Ordes, que descartaron intervir en canto comprobaron que o traballador estaba liberado e accesible da cinta transportadora que o atrapara.

Con todo, tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios de urxencia debido ás importantes lesións que presentaba nos brazos. Así, para a súa atención activouse un operativo cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun compañeiro para pedir asistencia urxente.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e das forzas da orde, ao lugar do accidente acudiron os Bombeiros de Ordes, pois as primeiras noticias recibidas no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia indicaban que a persoa estaba atrapada na cinta transportadora. Sen embargo, á chegada dos efectivos de salvamento e rescate, o ferido estaba xa liberado, polo que descartaron empregar os equipos de excarceración.