Un operario foi evacuado en helicóptero tras caer cando traballaba a gran altura en Padrón

0 minutes read

Segundo informaba o 112 Galicia, o suceso ocorreu ao fío das 10 a mañá deste xoves, cando un particular alertou da caída dun traballador que operaba a gran altura nun estante dunha nave do polígono de Picusa.

De inmediato, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, ao GES e á Policía Local de Padrón.

Aínda que nun primeiro momento parecía non responder, os equipos de emerxencias confirmaron desde o lugar que estaba consciente e que foi finalmente trasladado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.