Un terceiro e cuarto postos para a Escola Municipal de Xadrez de Ponteceso

Equipo alevín da Escola Municipal de Xadrez de Ponteceso_Concello

  • Os representantes pontecesáns participaron na competición intercomarcal celebrada na Coruña o pasado 23 de abril

A Escola Municipal de Xadrez de Ponteceso acadou un terceiro e cuarto postos na fase intercomarcal da Coruña, disputada o pasado 23 de abril na cidade herculina.

As partidas celebradas no salón de actos do complexo deportivo de Elviña I deron o bronce ao cadro infantil tras perder o último encontro contra o campión da fase. Participaron Lucas Santos Garrido, Salvador Andrade Varela e Lucas Moreira Doldán. Por outra banda, o equipo alevín, onde competía Álex Moreira, quedou en cuarto posto.