Un total de 243 persoas atoparon emprego en 2020 a través do proxecto “Coruña suma”

1 minutes read

O concelleiro coruñés de Emprego, Jesús Celemín, supervisou na Escola de Hostalaría Álvaro Cunqueiro o desenvolvemento do itinerario «Elaboración culinaria básica» no marco do proxecto «Coruña suma», a través do cal recibiron orientación laboral 2.135 persoas no último ano, asináronse 165 convenios con empresas para realizar prácticas nunha contorna laboral real e 243 persoas atoparon un emprego. Delas, 109 foron homes e 134 mulleres. O concelleiro cualificou os datos de moi importantes, a pesar das dificultades xeradas pola pandemia da COVID-19. «A nosa intención é que a finais deste ano 950 persoas completen a súa formación co fin de que poidan atopar un emprego», concluíu.