Un touro cornea a unha muller en Vila de Cruces

1 minutes read

A veciña de Camanzo recibiu a cornada no abdome. A importancia da ferida motivou que fose evacuada en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago. Eran as 12:30 horas do mediodía deste sábado cando o 112 Galicia atendeu a chamada da súa parella, que pedía axuda urxente. Deseguido, púxose a esta persoa en comunicación cos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co fin de recibir as instruccións necesarias mentres chegaban os equipos de intervención.

Finalmente, acudiu unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que foi apoiada polos axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade. Deste xeito, a muller foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago para seguir recibindo asistencia médica debido ás lesións provocadas pola cornada dun touro.