Un traballador perde a vida ao caerlle unha árbore enriba en Campo Lameiro

0 minutes read

Os xestores do 112 Galicia recibiron a alerta a primeira hora da tarde deste xoves dun accidente laboral nunha zona de monte da parroquia de San Miguel do Campo. Segundo a información facilitada, o home foi sorprendido pola caída da árbore mentres facía unha corta e, malia os esforzos do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para reanimalo, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil co fin de aclarar as circunstancias do suceso.