Un tractorista resultou ferido tras envorcar o seu vehículo en Sober

1 minutes read

O accidente produciuse nun monte preto da LU-93, en Sober, Lugo, e o helicóptero medicalizado con base en Ourense tivo que desprazarse ata o lugar dos feitos.

Na tarde deste xoves a chamada dun particular informaba ao 112 Galicia de que unha persoa tivera un accidente cun tractor no monte. O particular indicaba que o vehículo envorcara, e que o condutor non estaba atrapado, pero si inconsciente.

De inmediato, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia, os Bombeiros de Monforte, Policía Local, Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil de Sober.

Finalmente, os equipos de emerxencia desprazados ata a zona confirmaron aos xestores do 112 que o ferido recobrara a consciencia. Así, ao tratarse dunha zona de difícil acceso, mobilizouse a aeronave dos servizos sanitarios, que tomou terra no lugar dos feitos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?