Un turismo atropela a unha persoa no concello de Teo e foxe do lugar

0 minutes read
  • O incidente produciuse en Pontevea cando a vítima cruzaba un paso de peóns

Unha persoa resultou ferida no concello coruñés de Teo ao ser atropelada por un turismo que, despois da colisión, continuou a marcha.

O accidente produciuse pasadas as 19:00 horas deste mércores na AC-841. Segundo varios particulares, o suceso tivo lugar cando a vítima trataba de cruzar un paso de peóns en Pontevea.

No operativo interviñeron efectivos do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e membros de Protección Civil da localidade.