O socialista Carlos Iglesias rompeu a clavícula como consecuencia do golpe que recibiu e tivo que ser trasladado ao hospital do Salnés. Un veciño co que o rexedor mantiña unha discusión empurrouno e guindouno ao chan. Logo de ser atendido das súas feridas, o alcalde presentou denuncia ante a Garda Civil.