A Garda Civil de Culleredo detivo a un home de Carballo como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Os feitos sucederon cando nun dispositivo de seguridade cidadá identificaron o condutor dun vehículo na Avenida de Fonteculler en Culleredo, observando que no seu interior había unha gran cantidade de billetes de diferente valor.
Os gardas civís procederon á identificación do condutor, único ocupante do vehículo e ao rexistro do turismo. No transcurso do mesmo acharon un total de 10.693 euros en moeda fraccionada, unha báscula de precisión e substancias estupefacientes ocultas no interior da guantera do coche, as cales tras a súa pesada lanzaron un valor de 102,5 gramos de haxix.
A Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunta autora dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos atopados. O detido, xunto coas actuacións realizadas e os efectos intervidos, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de garda da Coruña.
