47
- Unha das persoas precisou axuda dos bombeiros para saír do turismo
Este venres un coche caeu dunha vía a outra con catro ocupantes a bordo na parroquia compostelana de Vidán. Unha das vítimas precisou da intervención dos Bombeiros de Santiago para poder saír do vehículo. O incidente ocorreu preto das cinco da tarde na Avenida Mestra Victoria Míguez, e foi un particular quen alertou ao 112 do suceso. O coche acabou literalmente estampado no xardín dunha casa, bateu coa varanda e caeu de cú contra unha palmeira. Xusto nese momento a propietaria da vivenda aparcaba o seu vehículo na casa e escoitou o ruido do impacto. No operativo tamén interviñeron os profesionais sanitarios do 061 e axentes da Policía Local.