Un Zamora moi dominante vence ao Bergantiños en As Eiroas (1-3)


O Bergantiños perdeu 1-3 na casa contra o Zamora en partido xogado este domingo pola mañá en As Eiroas. O Zamora saía ao campo coa intención de ter o esférico e ser protagonista no duelo, lograron meter presión ao conxunto local con rápidas combinacións. O Bergantiños foi de menos a máis, terminando a primeira parte moi igualada en xogo e resultado.

Tras a continuación ambos os equipos seguían moi enchufados, pero foi no minuto 47 cando Altube conseguía gañar o balón na disputa co defensor do Bergantiños, deixando a pelota para Manu Viana que desde máis aló da frontal sacaba un forte disparo coa zurda que se lle escapaba entre as mans ao gardameta local, no que acababa sendo o primeiro tanto do partido, 0-1.

O Bergantiños non se amedrentou e reaccionou rápido, apurou o ataque e no minuto 70 Agulló lograba o empate, 1-1. O partido gañaba en intensidade e o adestrador visitante moveu o banco con gran acerto, nun dos seus ataques Pana definía co tacón de costas a porta, volvendo poñer a superioridade a favor do Zamora no minuto 80 de partido, 1-2. Pouco lle duraría a alegría ao Zamora, practicamente un minuto despois o árbitro sinalaba penalti de Theo nunha pugna entre o defensor e o xogador do Bergantiños que se ía ao chan. O lanzamento, á dereita de Iricibar, detíñao o porteiro visitante, incluso conseguindo agarrar o rexeite na estirada. 

Tras un centro ao primeiro pau un cabezazo de Ribeiro selaba o terceiro gol do Zamora a falta de cinco minutos do tempo regulamentario. O partido non daba para máis e co 1-3 o árbitro sinalaba o termo do encontro. Con este resultado e de forma provisional, o Zamora escala a postos de promoción na casiña cinco e o Bergantiños sitúase na trece con 15 puntos.