Unha avaría deixou este xoves sen luz a case 3.000 persoas en Santiago

0 minutes read

Varias zonas de Santiago e do concello de Teo sufriron este xoves cortes da subministración eléctrica dende última hora da tarde. Segundo a compañía Naturgy, tratouse de dúas avarías que coincidiron no tempo, unha nun cable soterrado e outra nun transformador. A situación afectou as rúas do ensanche compostelán e tamén a zonas coma os Tilos ou Santa Marta. No concello de Teo houbo cortes na zona de Montouto e Cacheiras. Segundo a compañía, a situación afectou a uns 2.700 clientes.