Unha avaría nunha liña «de moi alta tensión de 400.000 voltios» de Rede Eléctrica de España (REE), segundo os servizos de emerxencia que citan ás compañías Iberdrola e Endesa, ocasionou na tarde deste sábado un apagamento que deixou sen luz a centos de miles de persoas por toda España. Estes cortes de luz duraron ao redor de 45 minutos, tempo no que moitos fogares quedaro a oscuras, principalmente nas comunidades autónomas de Madrid, Cataluña, Andalucía, Aragón, Navarra, País Vasco, Castela e León, Estremadura e Murcia.
O corte de subministración eléctrica afectou a algúns equipos do aeroporto de Barcelona, informou o xestor aeroportuario Aena, que lamentou as molestias que causou aos usuarios. Rede Eléctrica explicou nun comunicado que «ás 16:35 horas debido a unha avaría no sistema eléctrico francés, coincidindo cun incendio sobrevoado por hidroavións, prodúcese a desconexión dos dous circuítos da interconexión eléctrica entre España e Francia, provocando a desconexión do sistema eléctrico peninsular do resto de Europa».
O apagamento afectou a 1.200.000 abonados en toda a península, así como a varias zonas de Portugal.