Unha campaña contra o furtivismo de bañador chegará o 24 de agosto a Baldaio

1 minutes read
  • A iniciativa pretende chamar a atención sobre o importante labor do sector marisqueiro e sobre o dano económico e ambiental que provoca o furtivismo

O Concello de Carballo súmase á campaña Non sexas pirata!, impulsada pola Consellería do Mar para intentar atallar o importante problema, tanto económico coma medioambiental, que supón o furtivismo de bañador e lembrar a importancia do labor que desenvolve o sector marisqueiro.

Cada verán,o servizo de Gardacostas comisa unha tonelada de marisco extraído de maneira ilegal dos areais de Galicia por parte de bañistas. A Xunta de Galicia quere lembrar á cidadanía que esa práctica é unha ilegalidade.