Unha colisión en cadea de 15 coches, con 10 feridos, obrigou a cortar a AP-9 en Pontevedra

1 minutes read

Unha forte sarabia obrigou a cortar a AP-9, ao seu paso por Pontevedra, durante case unha hora tras producirse varios accidentes. O máis grave, con quince vehículos implicados, rexistrouse en dirección á Coruña, á altura da parroquia de Alba, entre os quilómetros 126 e 127.

Segundo informaba o 112, ocorreu sobre as once da mañá e foi un particular o que alertou da presenza de xeo na autoestrada. Como consecuencia do sinistro, varias persoas quedaron feridas leves. Todo parece indicar que perderon o control por mor do pedrazo.

En total dez persoas foron trasladadas e quince coches estiveron implicados nestes dous accidentes ocorridos en ambos sentidos da AP-9 en Pontevedra.

Ata o lugar desprazouse persoal médico do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, o servizo de mantemento de estradas e membros de Protección Civil de Pontevedra. As retencións chegaron aos tres quilómetros.