38
Unha persoa resultou ferida despois de producirse unha colisión en Sarria entre un microbús no que viaxaban quince menores e tres turismos, dos cales dous deles se atopaban aparcados no momento do accidente. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima trátase dunha muller que conducía un dos coches accidentados e que foi trasladada a un centro médico.
Os feitos sucederon na Avenida de Becerreá, á altura do número 24, uns minutos antes das 14:45 horas deste venres.
Desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061, da Policía Local, dos Bombeiros de Sarria e de Protección Civil.