19
A persoa ferida foi evacuada ao Hospital Clínico polos servizos sanitarios nas primeiras horas da mañá deste luns.
O accidente entre unha moto e unha máquina agrícola tivo lugar na Avenida Santiago, no concello coruñés de Arzúa. Segundo o relato das testemuñas do suceso, o motorista necesitaba axuda médica urxente.
Así, nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Cómpre sinalar que desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tamén pasouse aviso á Policía Local e aos membros de Protección Civil de Arzúa.