20
A Garda Civil detivo en Lleida tres persoas que presuntamente clonaban tarxetas bancarias. A primeira denuncia interpúxose no posto da Garda Civil de Salvaterra de Miño. Comezou aí unha investigación, efectuada por axentes da Policía Xudicial de Tui e dirixida por un xulgado de Ponteareas, que deu co arresto en Lleida de tres persoas de orixe camerunés que supostamente mercaban billetes de transporte coas tarxetas duplicadas e que despois revendían moi por debaixo do prezo establecido a persoas inmigrantes. A Garda Civil cre que durante os tres anos en que estiveron operativos gañaron uns 120.000 euros. A operación continúa aberta.