A Consellería do Mar vén de resolver a primeira convocatoria de axudas do ano 2022, pola que se aproban as subvencións para 12 proxectos asesorados polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo – A Guarda e pertencentes aos concellos de Baiona, Vilaboa, Vigo, Nigrán, Moaña, Redondela e Cangas. As axudas superan os 650.000 euros e supoñen un revulsivo para o tecido económico e social da zona.
As iniciativas, seis de carácter produtivo e seis de non produtivo, axústanse á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) da entidade, coa que se busca mellorar a competitividade do sector, crear emprego, aumentar o valor engadido dos produtos pesqueiros, innovar na cadea de subministro, coidar o medio e promover a cultura mariñeira.