Unha empresa Checa compra as fábricas e centrais eléctricas de Xeal

1 minutes read

Unha empresa da República checa vén de comprar as centrais eléctricas e as fábricas de Xeal (antiga Ferroatlántica). No pasado mes de setembro o persoal de Xeal mobilizouse ante a sede do Goberno galego para reclamar que exixa á compañía que cumpra coas condicións das concesións para a explotación de saltos hidroeléctricos na Costa da Morte, ligadas ao mantemento da actividade industrial, algo que, segundo denuncian, os propietarios desde 2019 do complexo non seguen. Agora, coa compra da empresa por parte de Energo-Pro está por ver que decide facer cos postos de traballo do persoal. Ademais, o comité de empresa de Xeal pediu en agosto reunirse cos grupos parlamentarios na Cámara galega para trasladarlles a súa preocupación polo «novo intento de segregación encuberta das actividades» exercido pola compañía. Con esta reunión, os traballadores pretendían que as tres formacións políticas coñecesen e apoiasen as súas demandas, que recollen a constitución dun plan industrial e de viabilidade das fábricas.