Unha empresa hoteleira de Outes adaptou a súa oferta ás novas esixencias sanitarias por mor do coronavirus. As súas cabanas en árbores xestiónanse baixo a máxima de contacto cero: acceso mediante códigos, restauración por encargo e desinfección extrema de estancia e roupa. Este é o turismo de contacto cero, o novo xeito de viaxar mentres a COVID-19 continúe nas nosas vidas. O hóspede recibe unha cesta con produtos desinfectantes e sanitarios, e o servizo de restauración, personalizado, deixa a comida directamente na porta da habitación, ademais, aplicanse novos protocolos de limpeza. A empresaria aclara: «Facemos o rexistro de entrada e o de saída non presencial, de xeito que a xente vai directamente da súa casa a súa cabana».
36