28
Cae o Goberno sueco do socialdemócrata Stefan Löfven por unha moción de censura, a primeira perdida por un primeiro ministro neste país. Foi apoiada por 181 votos -seis máis dos necesarios para saír adiante-: os das tres formacións da dereita na oposición e os do Partido de Esquerda, aliado do executivo. O presidente do Parlamento sería o encargado de comezar as negociacións para atopar a un novo primeiro ministro no caso de que dimitise, que, paradoxalmente, podería volver ser Löfven, segundo os analistas.