Unha muller falece en Mondoñedo tras caer coa bicicleta por un desnivel e outra morreu na terraza do Casino de Camariñas

1 minutes read

O suceso de Mondoñedo ocorreu uns minutos antes das tres da tarde deste sábado en Maariz. O acompañante da muller contactou co 112 Galicia tras sufriren o accidente. Avisou dunha caída en bicicleta por un desnivel duns 30 metros aproximadamente.

Ao contrario do alertador, a muller quedou inconsciente.  Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Tamén pediron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia en canto os bombeiros confirmaron o falecemento da ciclista. O seu acompañante necesita asistencia especializada.

Cómpre salientar que a comunicación co alertador foi posible mediante o sistema de traducción simultánea a distancia do 112 Galicia, pois ambos os dous implicados procedían de Alemaña e o alertador empregou o inglés para dar o aviso.

Muller morta en Camariñas

Unha muller de 61 anos falecía este sáqbado na terraza do Casino de Camariñas. A muller desplomouse ao chan e o persoal sanitario que se achegou de urxencia a atendela xa non puido facer nada por salvarlle a vida. A autopsia determinará as causas da grave indisposición que sufriu a muller e que terminou coa súa vida.