Unha muller faleceu no concello da Estrada tras ser alcanzada por un camión

1 minutes read

Quedou atrapada baixo o camión, que transportaba produtos de alimentación.

Contra as once da mañá deste xoves, o 112 Galicia atendeu varios avisos por un atropelo na Avenida Benito Vigo, na Estrada. Un camión alcanzou a unha muller á altura das oficinas de Facenda, na localidade pontevedresa. 

Para atender a vítima, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan coñecemento sobre o suceso e puxeran en marcha unha dotación.

Paralelamente, os axentes da Policía Local, así como os membros do GES da Estrada e Bombeiros do Deza, recibiron senllos avisos co fin de que fose activados os seus equipos e recursos para facer fronte a situación, que rematou co falecemento dunha muller.

En pouco tempo, o persoal de emerxencias comunicou ao 112 o pasamento.