34
- No accidente víronse implicados cinco turismos
Este martes unha muller precisou asistencia médica despois de producirse unha colisión na que se viron implicados cinco turismos en Sada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima foi trasladada a un centro hospitalario polos servizos sanitarios.
O accidente tivo lugar na DP-5813, ao fío das 10:10 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro.
Ata o lugar dos feitos achegáronse persoal do 061, axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil e os Bombeiros de Betanzos.