Unha muller resulta ferida despois dunha colisión múltiple en Sada

Garda Civil controlando o tráfico nunha estrada

  • No accidente víronse implicados cinco turismos

Este martes unha muller precisou asistencia médica despois de producirse unha colisión na que se viron implicados cinco turismos en Sada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima foi trasladada a un centro hospitalario polos servizos sanitarios.

O accidente tivo lugar na DP-5813, ao fío das 10:10 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Ata o lugar dos feitos achegáronse persoal do 061, axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil e os Bombeiros de Betanzos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha