Unha muller resultou ferida a causa dunha caída de altura en Cerceda

0 minutes read

O accidente sucedeu pasadas as tres da tarde deste xoves, cando a muller ferida estaba poñendo un novo tellado a un galiñeiro. Caeu dunha altura duns tres metros, aproximadamente, e fíxose unha ferida na cabeza. Aínda que estaba consciente, foi evacuada no helicóptero medicalizado con base en Santiago ao Hospital Clínico. A muller atopábase no seu domicilio, situado no lugar cercedense de Casaldaldebre. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Cerceda.