- O casting será este luns 14 no Hotel Francisco II
A produtora galega Vaca Net Tv, filial de VACA FILMS (responsable de «Quien a hierro mata»,»La sombra de la ley», «El desconocido», «Celda 211») procura figurantes e figurantes especiais para «El desorden que dejas», a nova serie de NETFLIX que se rodará en Galicia ó longo de este outono e inverno.
O proxecto precisa figurantes de tódalas idades, pero para este casting en concreto convócase, exclusivamente, a mozos e mozas da zona.
O casting será este luns 14 de outubro no Hotel Francisco II en OURENSE, con horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Os requisitos son sinxelos: ter entre 18 e 22 anos (ou parecelo), residir ou ter posibilidade de pernoctar na zona da provincia de Ourense ou arredores e ser extrovertido.
As persoas que cumplan estes requisitos pero non poidan asistir á convocatoria, poderán enviar os seus datos persoais (nome, idade, teléfono e cidade ou vila de residencia) acompañados de tres ou máis fotos ó seguinte mail: figuraciondesorden@gmail.com
A xente que xa teña asistido a algún dos castings que Vaca Films ven de facer na zona estas últimas semanas (Ourense, Celanova, Ribadavia, Xinzo, Vigo,
Carballiño) non precisa presentarse de novo.